O Concello de Vigo transmite a súa cooperación para levar adiante o protocolo de prevención do ébola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitiu ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a “cooperación leal” por parte do Concello de Vigo para levar adiante e desenvolver o protocolo do ébola en Galicia.

Así o comunicou nunha rolda de prensa este mércores, despois de que o departamento de Saúde Pública do Sergas activara o protocolo do ébola tras o ingreso este martes no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) dun home, natural de Guinea, que presentaba dende hai varios días febre, vómitos e diarrea.

Caballero comentou que o conselleiro lle chamou “a primeira hora” para transmitilo que se detectara un posible caso de ébola e o martes pola noite se activou o protocolo ante un posible caso de ébola. Sobre iso, apuntou que o protocolo e a designación do Hospital Meixoeiro como referencia é “decisión da Xunta”.

O paciente con sospeita de ébola, que foi trasladado ao Meixoeiro na mañá deste mércores dende o Chuac, voara dende Guinea -onde estivo cinco meses visitando familiares- a Lisboa, dende onde se desprazou por estrada ata a cidade herculina, á que chegou o luns pola mañá.

Este martes o home acudiu ao servizo de urxencias do Chuac e identificouse a posibilidade de que “cumprise” os requisitos de caso sospeitoso de ébola. Dende entón permanece illado e na primeira proba analítica que se lle realizou deu negativo.

28 de outubro de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.