O Concello de Tui destinará 15.000 euros a bolsas para os deportistas de alto nivel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Concello de Tui vén de publicar hoxe no Boletín Oficial de Pontevedra o anuncio das bases reguladoras das bolsas ós deportistas de alto nivel tudenses, que neste ano contará co presuposto de 15.000€.

A concesión destas axudas pretenden facilitar ós deportistas tudenses de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, valorando a súa especial dedicación ó deporte e á súa vez á difusión que realizan da Cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de carácter nacional ou internacional.

Para acceder a estas bolsas, será necesario ser deportista federado de alto nivel galego ou nacional, maior de 16 anos, estar empadroado no Concello de Tui e ter participado en competicións de carácter oficial, nacional ou internacional, seguindo o cadro de baremación das bases.

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O texto completo das bases publicarase na localización web do Concello de Tui www.concellotui.org, e no taboleiro de anuncios do Concello de Tui

9 de outubro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.