publicidade hoxe

O Concello de Porto do Son conclúe as obras de saneamento en Eiravedra, Puilla, Resúa e Loreto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

Esta semana déronse por concluídas as obras de Saneamento nos núcleos de Eiravedra, Puilla, Resúa e Loreto. As obras están financiadas na súa totalidade pola Deputación da Coruña, mediante un convenio nominativo firmado polo concello e o ente provincial o pasado mes de abril.

O importe total da inversión ascende a 128.800 euros e dará servicio a uns 300 veciños, consistente na instalación de catro colectores xerais; un en Eiravedra que se conectou ó xa existente na AC-550, outros dous nas aldeas de Puilla e Resúa e o último na aldea de Loreto, tamén conectado co xa existente na AC-550. Tamén se realizaron as correspondentes acometidas domiciliarias.

As obras comezaron o pasado mes de xullo e tiveron unha duración total de tres meses. Con esta obra, o Concello de Porto do Son da resposta a unha demanda veciñal e da por cumprido o compromiso da súa execución despois de que fora rechazada de forma reiterada por parte da oposición a inclusión da mesma no Plan de Aforro e Investimento (PAI 2015). Naquel momento, o proxecto non se pudo levar a cabo polo voto en contra da oposición que ostentaba a mayoría absoluta do pleno.

 

9 de outubro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.