O Concello de Pontevedra visita Carballo para coñecer o proxecto “Derrubando muros”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Pontevedra visita Carballo

Pontevedra visita Carballo

O Concello de Pontevedra visitou esta mañá o Concello de Carballo para coñecer o proxecto “Derrubando muros” de intervención nos espazos urbanos, que puxo en marcha o concello coruñés para adecentar as medianeiras e os espazos públicos do casco urbano de Carballo.

Os concelleiros Luís Bará, Carmen Fouces e Alberto Oubiña percorreron o casco urbano de Carballo acompañados dos concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente da localidade, que lles foron amosando os logros e explicando os procedementos para conseguir o resultado acadado en Carballo.

Este proxecto cabe á perfección co proxecto de intervención urbana no centro da cidade que promoven as concellerías delegadas do ámbito urbano e que dirixen os tres concelleiros que hoxe viaxaron a Carballo. Trátase de coñecer intervencións realizadas con éxito, como o caso de Carballo cuxo proxecto “Derrubando muros” é coñecido en todo o Estado, e incluso, internacionalmente.

5 de outubro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.