O Concello de Pontevedra solicitará 15 postos de traballo no II Plan de emprego da Deputación
O Concello de Pontevedra acollerase ao II Plan de Emprego (Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) convocado pola Deputación para o ano 2015. O Concello pretende cubrir 15 prazas das seguintes categorías:
• 2 conserxes
• 2 oficial de 1º de xardinería
• 3 operario de xardinería
• 4 oficinais de 1ª en albaneis
• 2 operarios albaneis
• 1 deliniante
• 1 operario/a xardinería
Esta contratación será aprobada pola Xunta de Goberno Local que solicitará ao Servizo Público de Emprego os candidatos das categorías anteriormente citadas. Cabe lembrar que o Concello non consignará na oferta de emprego os códigos de ocupación, xa que considera que a oferta será moito máis obxectiva se envía ao Servizo Público de Emprego só as categorías dos postos que solicitan. Será a Oficina de Emprego Público a encargada de rexistrar ese código unha vez que lle chegue a oferta.
Dende o Concello se recomenda que as persoas interesadas revisen os seus códigos como demandantes de emprego, e de non axustarse á descrición que se soliciten que os axusten na Oficina de emprego.











