publicidade hoxe

O Concello de Ponte Caldelas organiza unha charla para desempregados sobre como afrontar unha entrevista de traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas, ante as contratacións que se levarán a cabo o vindeiro ano na conserveira Orbe e na empresa de compoñentes do automóbil Aludec, entre outras, promove a realización dunha charla informativa para desempregados sobre como deben afrontar unha entrevista de traballo. Este acto informativo  que terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro ás 20 horas no salón de actos do colexio Manuel Cordo Boullosa.

A charla será impartida por técnicos de Randstad, empresa especializada en selección de persoal e en recursos humanos e terá como obxectivo explicar cales son os puntos fundamentais sobre os que deben incidir os candidatos a conseguir un emprego cando asisten a unha entrevista de traballo. 

A intención do Concello de Ponte Caldelas, coa organización desta charla, é axudar aos desempregados do municipio a contar con ferramentas para poder competir,nas mellores condicións posibles, á hora de poder optar a un posto de traballo.

Na charla tamén se exporán, entre outros temas, os principais requisitos que esixirá a conserveira Orbe aos candidatos que depositen os seus currículos na Axencia de Desenrolo Local do Concello de Ponte Caldelas e que serán revisados e analizados por técnicos de Randstad tendo en conta a antigüidade no censo, unha proba de habilidade manual, a experiencia laboral acreditada e unha entrevista persoal.

UN CURSO GRATUÍTO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS, A PRINCIPIOS DE ANO 

Por outra banda, o Concello de Ponte Caldelas organizará a principios de ano un curso de manipulador de alimentos, totalmente gratuíto, co fin de que aquelas persoas que queiran optar aos postos de traballo que no 2016 podan ofertar empresas como a conserveira Orbe podan contar cun certificado que o acredite para poder desempeñar esas funcións.

A intención do Concello de Ponte Caldelas é que sexa gratuíto para as persoas censadas neste municipio coa intención de axudar a elevar a cualificación profesional dos candidatos desempregados e que así todos e todas podan partir coa máxima igualdade nos distintos procesos de selección que podan poñer en marcha as empresas.

21 de outubro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.