O Concello de Ourense ofrece actividades gratuitas no Parque Botánico de Montealegre
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, presentou esta mañá no Parque Botánico de Montealegre as actividades programadas pola Concellería de Medio Ambiente para este outono, dirixidas tanto a nenos como a adultos. Na presentación estiveron presentes José Manuel Corbal, coordinador do parque; e José Méndez, xerente da empresa Bruma, que realiza estas actividades.
A programación está composta por obradoiros cos que se pretende fomentar o Parque de Montealegre como un dos espazo de lecer de referencia para todos os ourensáns. De feito, o alcalde abundou en que estas actividades pretenden conxugar a educación e o contacto coa contorna natural que nos rodea. “En definitiva, con estas actividades pretendemos concienciar sobre a importancia do Medio Ambiente e dos nosos recursos naturais, poñendo en valor un enclave municipal que é unha referencia para todos os ourensáns”, sinalou Jesús Vázquez.
“Este goberno municipal ten como un dos seus grandes obxectivos o coidado, mantemento e aproveitamente dos recursos propios do Concello. Así o estamos a demostrar con estas actividades ou coa posta en marcha, de novo, do Viveiro Municipal, recuperando así unha instalación abandoada que hai anos foi un referente no cultivo e coidado das prantas ornamentais. Ambas instalacións terán unha conexión operativa, co fin de acadar de Ourense unha cidade máis sostible no ámbito medioambiental”, recalcou o alcalde.
As actividades infantís son:
Día do Samaín: 24 de outubro de 17:00 a 19:00 e 25 de outubro de 11:30 a 13:30.
Os nenos e nenas, nunha primeria parte da actividade, elaborarán as típicas cabazas de Samaín, procederán ao vaciado, farán as máscaras e colocaránlle as velas e, nunha segunda parte, mentres visualizan un conto propio desta época, realizarán, coa axuda dos monitores, un esqueleto feito con paus e outros elementos naturais que logo poderán levar para a súa casa.
Ioga en familia: 8 de novembro e 13 de decembro de 11:30 a 13:30.
Na sesión de ioga en familia dase prioridade a fortalecer o vínculo e a comunicación pai/nai – fillo/filla, polo que as asanas (posturas) adaptaránse a ambas idades e niveis, darase prioridade as asanas en parella, onde hai comunicación corporal, verbal e emocional. Tamén se traballará en grupo, fomentando a interrelación e a socialización co resto de familias. Realizaranse ejercicios e xogos para aaprender xuntos a respirar, a concentrarnos, a meditar, a relaxarnos…
Elaboración de calendarios de advento. 22 de novembro de 11:30 a 13:30.
Con este obradoiro pretendemos estimular a imaxinación dos mais pequenos, aprender que coa reciclaxe se poden facer xoguetes divertidos e fomentar o traballo en equipo e en familia.
Conta contos: as árbores do xardín contan historias sen fín: 06 de decembro de 11:30 a 13:30.
Os nenos e nenas serán recibidos por un contacontos caracterizado como gnomo do bosque, Unha vez reunidos tódolos participantes comezará o paseo polo Parque, onde se farán as paradas escollidas naquelas especies vexetais que sexan as protagonistas dos contos que serán explicados polo contacontos.
Elaboración de adornos de Nadal: 20 de decembro de 11:30 a 13:30.
Esta actividade realizarase en dúas partes, nunca primeira os nenos e nenas acompañados dos monitores darán unha volta ao parque para atopar os distintos elementos para facer os seus adornos para o Nadal, e nunha segunda parte, xa de volta á aula, utilizarán estos elementos e outros para facer as decoracións e adornos que a súa imaxinación poida crear.
As actividades e cursos de adultos son:
Plantas aromáticas e oleatos. 6 e 7 de novembro de 16:00 a 18:00.
Nesta actividade os participantes, acompañados polos monitores, farán un recorrido polo Parque para atopar distintas especies de plantas aromátivas ou medicinais. Posteriomente, xa de volta na aula se falará dos usos de todas elas e se realizará varios exemplos.
Introducción á xardinería. 20 e 21 de novembro de 16:00 a 18:00.
Esta actividade estructuráse primeiro con unha parte teórica na aula e logo unha parte práctica nos hortos de Montealegre.
Elaboracion de marmeladas, conservas e licores: 4 e 5 de decembro de 16:00 a 18:00.
Os participantes serán recibidos por un especialista na materia que elaborará con eles diferentes mermeladas e conservas artesanais. Do mesmo xeito tratarase a elaboración de licores artesanais.
Agricultura ecolóxica. 11 e 12 de decembro de 16:00 a 18:00.
Os obxetivos desta actividade son descubrir que son os productos ecolóxicos, coñecer diferentes xeitos de cultivo, aprender a apreciar os froitos e coñecer e elaborar diferentes remedios para as enfermedades e pragas que nos cultivos de horta poden aparecer. Esta actividade terá primeiro unha parte teórica e logo práctica.
Cosmética natural. 18 de decembro de 16:00 a 18:00.
A primeira parte da actividade será de carácter teórico e virá seguido dunha parte práctica na que se farán dous tipos de cremas: unha mascarilla facial e unha crema facial hidratante antienrrugas.
Elaboración de velas. 19 de decembro de 16:00 a 18:00.
Durante esta actividade se realizarán diferentes tipos de velas artesanaisquepoderán levar para as súas casas.
Todas as actividades son gratuitas e as prazas limitadas por orde de inscripción,que se poden formalizar na web www.botanicodemontealegre.com ou no teléfono da Concellería de Medio Ambiente 988 388 135.











