O Concello de Ourense iluminará As Burgas de cor azul con motivo do Día das Nacións Unidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Mañá, 24 de outubro, cúmprese o 70º aniversario da Organización de Nacións Unidas. A conmemoración desta efeméride é a mellor ocasión para reafirmar o compromiso de todos a favor dos propósitos e principios da Organización, así como do traballo que Nacións Unidas vén desenvolvendo dende hai décadas a favor da paz, os dereitos humáns e o desenvolvemento. 

Cabe destacar tamén que este ano se cumpre o 60º aniversario do ingreso de España en Nacións Unidas. 

Por este motivo, o Concello de Ourense súmase á campaña de concienciación cidadá organizada polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, xunto coa Asociación para las Naciones Unidas (ANUE). Esta iniciativa, titulada “Volvamos el mundo azul-Naciones Unidas”, consiste en iluminar de azul (cor corporativa de Nacións Unidas), algún edificio ou lugar emblemático durante a noite do 24 de outubro.

O lugar escollido polo Concello de Ourense para sumarse a esta iniciativa é As Burgas, como símbolo máis representativo e lugar máis emblemático da nosa cidade. Polo tanto, durante a noite de mañá sábado, 24 de outubro, estará iluminada de cor azul.

23 de outubro de 2015 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.