O Concello de Ourense acometerá máis de medio cento de melloras en Infraestruturas de aquí a final de ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Á vista do estado xeral de deterioro das infraestruturas,  vanse a iniciar hoxe mesmo un conxunto de actuacións de mantemento e reparación en diversas rúas da cidade, tanto do Casco Histórico coma dos barrios e do perímetro rural que van consistir fundamentalmente en acondicionamento do enlousado, reparacións de plaquetas, bacheados, barandas de protección, etc. Estas medidas englóbanse baixo do lema “Mellorando Ourense”, tal e como explicou o concelleiro, José Araújo. No que resta de ano vaise actuar nas rúas que a continuación se relacionan, pero estas actuacións van ter ter continuidade no 2016.

Actuacións inminentes no Casco Histórico:

RÚA ARCEDIANOS

RÚA DAS TENDAS

RÚA JUAN DE AUSTRIA

RÚA SAN MARTIÑO

RÚA IRMANS VILAR

RÚA SAN MIGUEL

RÚA DA PAZ

RÚA LEPANTO

RÚA VIRIATO

RÚA DO PÁXARO (Zona escaleiras)

RÚA DOS FORNOS

RÚA PIZARRO

RÚA DA UNIÓN

RÚA DA LUA

PRAZA DO CORREXEDOR

RÚA GRAVINA

RÚA SAN FRANCISCO

RÚA SANTO DOMINGO

RÚA DO PASEO ENTRADA GALERIAS

Actuacións en outras rúas:

PRAZA DE ABASTOS

RÚA PENA TREVINCA

AVILES DE TARAMANCOS

FONTE DOS CAÑOS

RÚA SAN PAIO

RÚA JOSÉ CORNIDE

RÚA RÍO COBAS

CÑO DE SANTOUFE

PASEO FLUVIAL – REPARAC. BARANDAS

CORRECCIÓN EXPLANADA NO BURGO – PALMÉS

RÚA RAMÓN Y CAJAL

Estas 30 actuacións supoñen un montante de aquí a final de ano de algo máis de 200.000,00 €

Ademáis, levaránse a cabo actuacións de calado en diversas vías do municipio que van iniciarse próximamente e cuia execución estará rematada a finais deste ano, e que están incluidas no Plan de Investimentos:

INTERCONEXIÓN SANEAMENTO EN OS VIROS – A RABAZA (SOUTO SANÍN)

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E HUMANIZACIÓN DA RÚA DA MURGA

MELLORA ABASTECEMENTO SANTA CRUZ DE ARRABALDO

ADECUACIÓN ESTRADA BEIRO A CABEANCA_RÚA DA CRUZ

RÚA TRAS COLEXIO

ACONDICIONAMENTO PRAZA PAZ NOVOA 

RÚA DO XÍLGARO_PLAZA LEGIÓN 

MANUEL FERNANDEZ GARCÍA_ AS LAGOAS

VARIAS RÚAS EN PELIQUÍN: RÚA DAS HORTAS, RÚA REVOLTA, RÚA CASTELAFERRER E CÑO DO CASTRO

NAS INMEDIACIÓNS DO XARDÍN DO POSÍO: RÚA XOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ OXEA E RÚA DE LUGO

AMPLIACIÓN DE PRAZA EN EIRASVEDRAS

EN CABEZA DE VACA RÚA DA COSTA-E RÚA OUSANDE_

RÚA DE ATRÁS

CAMIÑO DOS PONXOS NO_POLVORÍN 

DIVERSAS RÚAS DO NÚCLEO DE RAIRO

DIVERSAS RÚAS DO NÚCLEO DA LONIA DE ARRIBA

ADECUACIÓN DA RÚA DA MERCA

PORTALÓN DO CASAR E CRUCEIRO QUEBRADO

VARÍAS RÚAS DA ZONA DO PINO

ADECUACIÓN ACCESIBILIDADE R/ DR. TEMES

ADECUACIÓN DA RÚA DA HERMIDA

ADECUACIÓN VIAL RÚA DAS MERCEDES

ADECUACIÓN RÚA DAS MERCEDES 

ADECUACIÓN RÚA AIRIÑA_CURUXEIRAS

ADECUACIÓN RÚA AIRIÑA NAS CURUXEIRAS

Son un total de 25 actuacións que supón unha inversión de algo máis de 1.300.000,00 €

Asi pois e no seu conxunto, de aquí a final de ano vanse executar obras por máis de 1.500.000,00 €.

Por outra banda, a Xunta de Galicia vai abordar, trala petición do Concello de Ourense, a reparación das beirarrúas da rúa Marcelo Macías, Avenida de Zamora e Avenida de Bos Aires, que se atopan nun estado calamitoso e que, a data de hoxe, aínda son de titularidade autonómica.

Tal e como explicou o concelleiro José Araújo esta mañá, nestes intres, se está a preparar a zona de traballo para dar inicio a varias destas obras:

– Interconexión saneamento Os Viros-A Rabaza (Souto Sanín)

– Mellora de infraestruturas e humanización da Rúa da Murga

– Reparación do enlousado na rúa Lepanto, na rúa do Paseo (á altura das Galerías Viacambre), na Praza de Abastos, na rúa José Cornide (en Nosa Sra. da Saínza) e na rúa Sampaio.

A mediados de semana iniciaránse as obras de adecuación da rúa Tras Colexio, da rúa da Cruz (na estrada de Beiro á Cabeanca) e, posiblemente da Praza Paz Novoa e da rúa da Hermida.

De xeito progresivo, nas vindeiras semanas, as obras vanse  extender ao longo da cidade, de xeito que pouco a pouco recuperemos a prestancia da mesma. “Somos coñecedores das molestias que as obras ocasionan aos cidadáns, molestias que se acentúan cando se executan varias de xeito simultáneo, polo que pedimos a éstos comprensión e desculpas. As obras que imos abordar resultan imprescindibles e non poden demorarse por condicionantes económicos e presupuestarios, polo que se queremos recuperar a cidade para os cidadáns debemos executalas do xeito en que están programadas e, en todo caso, antes de que remate o ano”, concluiu o concelleiro José Araújo.

26 de outubro de 2015 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.