O Concello de Ordes convoca as axudas para a adquisición de material escolar
O BOP de hoxe, luns 19 de outubro de 2015, fai públicas as bases reguladoras da convocatoria de axudas para material escolor outorgadas polo Concello de Ordes. En total destínanse 18.000 euros a tal fin, destinadas ás familias máis necesitadas que estén empadroadas e residan no municipio, e que teñan escolarizados a alumnos e alumnas nos cursos de infantil, primaria e secundaria obligatoria nalgún dos centros situado no termo municipal. O método de pago será mediante un vale que se poderá canxear nos establecementos adheridos sitos no concello.
As solicitudes deberán entregarse no Departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial, ata o vindeiro 13 de novembro como data límite.











