O Concello de Narón promove con Ecovidrio a reciclaxe de vidro entre o sector hostaleiro e de restauración
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Servizos, IbánSantalla, presentaron esta mañá acompañados polo xerente de zona de Ecovidrio, Germán Fernández, e do delegado de Urbaser en Galicia, Luis Torres, un novo sistema para promover a reciclaxe de vidro no sector hostaleiroe de restauración da localidade, facilitando as tarefas de recollida.A iniciativa desenvólvese na súaprimeira fase, que segue a un traballo de campo previo no que se involucraron uns setenta establecementos da zona urbana. Os propietarios dos locais participantes que así o solicitaron recibirán un cubo con rodas de gran capacidade -120 litros- para proceder ao traslado dos residuos de envases de vidro ata os colectores específicos. En total entregaranse cincuenta cubos e a medida implica ademais incrementar en dezaséis o número de colectores para a recollidadestes residuos no núcleo urbán. Estesdispoñendunha boca máis ancha e un sistema de elevación hidráulica para facilitar o vaciado dos cubos covidro que se entregan aoshostaleiros.
A iniciativa xurdiu tras detectar a empresa adxudicataria do servizo de recollida de basura do Concello, Urbaser, unha serie de problemas na recollidadeste tipo de residuos, que se depositaban nos colectores destinados a residuos orgánicos. Ogoberno local mantivohaiunhas semanasunhaxuntanza con responsables de Ecovidrio e da citada empresa eacordou implantar esta iniciativa, co fin de incrementar as cifras de reciclaxe e contribuír así ao respecto e coidado do medio ambiente.
O xerente de zona de Ecovidrioexplicou que os veciños de Narón reciclaron o pasado ano un total de 455.920 quilos de vidro, o que supón unhamedia de 11,5 por cidadán. Germán Fernández recordou que os colectores que hainas rúas para este material servenunicamente para depositar envases de vidro: botellas, tarros e frascos, se ben outrosmateriais como a cerámica ou distintos tipos de vidro, como o que se emprega para facerpratos, vasos e cristais de fiestras, entre outros, debe depositarse nos puntos limpos, ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases.
O rexedor local e o representante de Ecovidrio destacaron a importancia de concienciar ao sector hostaleiro en particular e á cidadanía en xeral na necesidade de realizar unha correcta separación dos envases de vidro en orixe. O sector Horeca, clave para incrementar a cantidade de vidro reciclado, é fundamental porque consume o 48% dos envases deste material, tal e como apuntaron desde a citada entidadesen ánimo de lucro.Ecovidrioencárgase da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, desde 1998. A compañía xestionaintegramente a cadea de reciclado, mediante a recollida selectiva, o transporte, o tratamento de envases de vidro e a súa posterior comercialización.
Así mesmo, Ecovidrio proporciona un servizo público, universal e gratuíto para o cidadán e pon a disposición das compañías que envasan os seusprodutos en vidro un modelo de xestión eficaz e eficiente, tanto desde a perspectiva ambiental como económica. Naactualidade, un total de 2.655 compañías están adheridas a Ecovidrio. Os sectores integrados na asociación representan máis do 3% do PIB español e comercializan o 99% dos envases de vidro.











