O Concello de Narón entrega agasallos institucionais ao extesoureiro municipal, Jesús Janeiro, pola súa xubilación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+
Entrega de agasallos

Entrega de agasallos

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o secretario municipal, Alfonso de Prado, entregáronlle esta mañá ao extesoureiro municipal, Jesús Janeiro Cazón, uns agasallos cos que agradeceron no seu propio nome e no do resto de funcionarios locais a súa profesionalidade e os servizos prestados no Concello. Xubilado desde o finais de decembro de 2014, Janeiro Cazón non puido asistir ao acto que se organizou hai uns meses para despedir a varios funcionarios municipais pola súa xubilación.

O extesoureiro do Concello de Narón, de 66 anos e natural de Vilalba, comezou a traballar na localidade en setembro de 1981 con carácter temporal, se ben pasou a formar parte do plantel fixo do Consistorio en 1982. Iniciou a súa etapa profesional no Concello como Inspector de rentas, se ben despois foi Técnico de rentas, exerceu durante varios anos o cargo de Interventor municipal e na última etapa foi o Tesoureiro do Concello naronés.

13 de outubro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.