O Concello de Narón colabora cos actos da asociación Bbtta con motivo da celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Asociación Bbtta Narón organiza un ano máis os actos programados con motivo da Semana Mundial da Lactancia Materna, iniciativa coa que colabora o Concello de Narón. A programación prevista na localidade inclúe a instalación dunha mesa informativa, esta tarde, no Centro Comercial Dolce Vita Odeón, donde tamén haberá actividades de entretemento para os nenos e nenas a partir das 17.00 horas, e a Festa da Teta. Este último evento terá lugar mañá, tamén desde as 17.00 horas, na praza de Galicia e comezará cunha charla sobre os “Dereitos Laborais das nais” que impartirá no auditorio municipal de Narón a abogada Mar Basoa e, a continuación –sobre as 18.30 horas tamén no auditorio- o espectáculo “O quebranoces”, a cargo da Asociación Musical Municreques e dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Música en directo, chocolatada e outras actividades de ocio totalmente gratuítas, como obradoiros de pintacaras ou de globoflexia, completarán a programación deste acto.

A edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, invita á veciñanza de Narón a participar nos actos que se desenvolverán hoxe e mañá na localidade con motivo da Semana Mundial da Lactancia Materna.

9 de outubro de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.