O Concello de Lalín outorga 8.000 euros ás asociacións de mulleres para o desenvolvemento de actividades
A concellaría de Muller e Igualdade acaba de facer pública a resolución de axudas ás asociacións de mulleres do termo municipal de Lalín destinadas á realización de cursos formativos e diferentes actividades durante o ano 2015. Así o vén de anunciar a edil delegada, Celia Alonso, quen indicou que, en total, as subvencións ascenden a preto de 8.000 euros (7.997,04 en total) e lles foron concedidas á 21 colectivos, neste caso, todos os existentes no concello agás un que quedou fóra do procedemento por non cumprir un dos puntos estipulados nas bases. Coa axuda, as asociacións de mulleres poderán cubrir os gastos derivados da realización dos cursos, que nalgúns lugares xa se impartiron e noutros se desenvolverán nos meses que restan de 2015.
As subvencións entregadas a cada organización oscilan entre os 340 e os 450 euros. Celia Alonso explicou que á hora de efectuar o reparto “se lles dou unha maior puntuación a aqueles colectivos que presentaron proxectos máis novidosos e orixinais, con actividades encamiñadas a fomentar a formación e o papel das mulleres de cara o seu desenvolvemento na sociedade actual”.
Deste modo, o reparto de axudas e ás diferentes actividades quedaron encadradas do seguinte xeito:
Asoc. Mulleres de Bendoiro: curso de pandeireta; 383 €
Asoc. Mulleres de Prado: curso de manualidade; 344,70 €
Asoc. Mulleres de Santiso: curso de licores e conservas; 367,68
Asoc. Mulleres de Bermés: curso de ximnasia; 375,34 €
Asoc. Mulleres de Cercio: curso de manexo de redes sociais; 451,94€
Asoc. Mulleres de Camposancos: curso de manualidades; 352,36 €
Asoc. Mulleres de Sello: curso de manualides; 367, 68 €
Asoc. Mulleres de Vilasancho: curso de masas moldeables; 360,02 €
Asoc. Mulleres de Vilatuxe: curso de ximnasia; 421,30 €
Asoc. Mulleres de Goiás : curso de poda e enxertos; 390,66 €
Asoc. Mulleres de Losón: curso de reciclaxe; 367,68 €
Asoc. Mulleres de Val: curso de masas moldeables; 383 €
Asoc. Mulleres de Rodís: curso de zumba; 383 €
Asoc. Mulleres de Donramiro: curso de ximnasia; 436,62€
Asoc. Mulleres de Madriñán: curso de manualidades; 390,66 €
Asoc. Mulleres Palilleiras: curso de bolillos; 344,70 €
Asoc. Mulleres de Galegos: curso de zumba; 390, 66 €
Asoc. Mulleres de A Xesta: curso de zumba; 383€
Asoc. Mulleres de Busto: curso de masas moldeables; 344, 70 €
Asoc. Mulleres Rurais de Barcia: curso de elaboración de xabóns; 383 €
Asoc. Mulleres de Moneixas: Xornada cultural; 375, 34 €











