O Concello de Lalín convoca unha reunión con restauradores para avanzar en temas relacionados co mes do Cocido
O Concello de Lalín convoca unha xuntanza o próximo martes, día 13 de outubro, con todos os restauradores participantes nas actividades de difusión e promoción da Feira do Cocido de Lalín.
A reunión celebrarase ás 17.30 na sala de prensa do Castro Tecnolóxico e nela trataranse, en xeral, todos os temas relacionados co Mes do Cocido e coa Feira. Así mesmo, escoitaranse as demandas, propostas e suxestión dos asistentes de cara buscar a planificación conxunta e acordada das actividades do Cocido.
Dende o Concello solicítase a presenza de todos e todas as convocadas debido á importancia desta primeira reunión. No caso de que alguén non poida acudir, pode autorizar a outra persoa para que asista no seu lugar.











