O Concello de Lalín comeza as obras de mellora da pista do Souto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Tarefas de asfaltado

Tarefas de asfaltado

Operarios da empresa ‘Construcciones Rafer’ iniciaron esta mañá os traballos de mellora do firme na pista do Souto, en Xaxán. Co comezo destas actuacións dáse resposta as demandas da veciñanza, que viña reclamando estas actuacións dende hai tempo. As obras permitirán acondicionar este viario, ao tempo que se incrementa a seguridade para os vehículos que circulen por el.

Os traballos de recrecido de pavimento da pista do Souto foron autorizados pola Xunta de Goberno Local o pasado 9 de outubro, aínda que o proxecto foi elaborado a finais do mandato pasado. Teñen un orzamento de case 56 mil euros.

As actuacións estanse a iniciar co desbroce e limpeza das cunetas. Posteriormente realizarase o reforzo do firme  aplicando unha capa de aglomerado en quente. O prazo de execución das obras é dun mes, aínda que debido á súa sinxeleza está previsto que rematen xa nos vindeiros días.   

23 de outubro de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.