O Concello de Lalín acondiciona os cemiterios municipais con vistas á celebración do Día de Defuntos

Nicolás González na visita ao cemiterio
A Brigada Municipal de Obras e Servizos procedeu onte ao acondicionamento integral dos dous cemiterios municipais de Lalín, con vistas a mantelos nas mellores condicións de cara á celebración do día de defuntos o próximo 1 de novembro.
As labores de mantemento executáronse tanto no cemiterio vello, ubicado na zona da Cacharela, como no cemiterio de A Romea, situado na zona de Donramiro. As tarefas que se levaron a cabo consistiron basicamente en accións de xardinería como o segado da herba, a limpeza de bordes ou o acicalado de diferentes plantas, así como na limpeza con auga de pasillos e das capelas que hai en cada camposanto. Tamén se retiraron macetas en malas condicións así como restos de lixo, cascotes ou outros refugallos. Non obstante e, ante a sensibilidade que isto pode despertar, o acondicionamento dos nichos é realizado polas familias. Por outro lado tamén se procedeu á revisión das luminarias da rúa que une a Avenida de Montserrat co camposanto de A Romea, para comprobar que todas están en boas condicións de funcionamento.
O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, visitou esta mañá o cemiterio anteriormente mencionado para comprobar a boa execución dos traballos de acondicionamento. Ante a gran afluencia de cidadáns que se prevé para os próximos días aos camposantos, tamén anunciou que se incrementará a vixilancia policial nestas zonas, sobre todo, para regular a seguridade no tráfico.











