publicidade hoxe

O Concello de Catoira entrega ó Club As Torres-Romaría Vikinga unha achega de 2500 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+
Entrega da subvención

Entrega da subvención

O alcalde de Catoira, Alberto García, entregoulle ó presidente do Club As Torres-Romaría Vikinga, un cheque por importe de 2500 euros para sufragar os gastos derivados da actividade do Club.

O Concello pretende, con esta axuda, apoiar a práctica dun deporte que, sendo xeralmente minoritario, en Catoira conta moitos adeptos, sobre todo no rango de idade entre os 8 e os 26 anos. Cómpre destacar, ademais, que das 180 licenzas que ten o Club na actualidade, case a metade son de mulleres.

A axuda concedida súmase á subvención mensual de 1800 euros que o Concello ten asignada a esta entidade, ademais de sufragar os gastos de luz e ceder gratuitamente o Edificio Municipal de Deportes Náuticos, no que ten a súa sede, e que está exento do pago de taxas municipais.

15 de outubro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.