O Concello de Bueu asfaltará catro camiños cunha subvención da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu vai proceder nas vindeiras semanas ao asfaltado de catro camiños do municipio, en concreto no camiño de Meiro- A Portela, no de acceso ao cemiterio de Ermelo, no da zona de Cabalo e no de Sar de Cela.

Estas obras serán acometidas polo Concello tras unha baixa na obra de Rehabilitación de firme en camiños de Cela e Beluso con cargo ao PPOS 2015, destinando o orzamento de 54.952 euros ás novas rehabilitacións, e de cuxa subvención se informou hoxe ao Concello de Bueu.

Estas obras inclúen a limpeza de contornas e arranxos, que complementan os xa feitos en Sabarigo, Cabalo e As Laxes. 

26 de outubro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.