O Concello de Bueu aproba a lista provisional de admitidos e excluídos para peóns de limpeza
Xa están a disposición dos usuarios as listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso de selección para peóns de limpeza do Concello de Bueu. Segundo a resolución da alcaldía con data de hoxe, os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de tres días a partir de mañá para presentar as reclamacións ou emendas oportunas. Hai que resaltar que a todos os aspirantes excluídos lles faltan por cubrir os datos do apartado de ‘Declaración responsable’ da instancia de participación, polo que os poderán cubrir mediante comparecencia persoal no Departamento de Persoal do Concello.
No listado de admitidos constan un total de 876 aspirantes, aos que haberá que sumar os excluídos.











