O Concello de Ames participa nunha presentación da Plataforma pola recuperación do río Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O goberno municipal e outros concelleiros/as da Corporación, pertencentes aos grupos municipais de Ames Novo, Pacto por Ames e Ciudadanos, asistiron a un encontro, que tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello, coa plataforma pola recuperación do río Sar. Nesta xuntanza esta asociación sen ánimo de lucro fixo unha presentación da problemática que ocasiona a execución do anteproxecto da EDAR de O Souto, pola afección que esta infraestrutura podería ocasionarlle ao medio ambiente, resultando ademais a opción máis cara e con máis complicacións técnicas

Esta é a segunda reunión que mantén o Concello con esta plataforma, xa que o pasado 10 de setembro xa lle trasladaron ao goberno municipal a súa oposición á instalación da nova EDAR no lugar de O Souto, en Santiago de Compostela. Nesta ocasión a devandita plataforma fixo unha presentación da problemática que ocasiona a execución do anteproxecto da EDAR de O Souto, pola afección que esta infraestrutura podería ocasionarlle ao medio ambiente, resultando ademais a opción máis cara e con máis complicacións técnicas

A Plataforma pola recuperación do río Sar fixo un recordatorio do proceso iniciado en 2008 coa redacción do anteproxecto da EDAR de Silvouta. Tamén sinalaron que en 2011 recollendo unha nova alternativa municipal, presentouse un informe de opcións de mellora e solucións alternativas á seleccionada para o anteproxecto da EDAR en Santiago, no que se achegaban novas localizacións para a EDAR, concretamente un deles era o lugar do Souto.

Segundo indican dende esta asociación “a análise feita durante este proceso é sesgada e estráñanos que entre os vinte e catro organismos consultados durante a súa tramitación ambiental, non se atope o Concello de Ames. Resultando a ponderación final, realizada para dar por boa a última localización alternativa, arbitraria e incoherente en relación á totalidade de aspectos que o informe expón e estuda”.

A concelleira de Medio Ambiente aproveitará para tratar esta cuestión na reunión que terá a próxima semana no Pazo de Raxoi co concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Santiago de Compostela, Xan Duro, e co resto de concelleiros desta mesma área dos municipios polos que discorre o río Sar

A Plataforma pola recuperación do Sar é un colectivo que agrupa a veciños dos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro, nacida en febreiro de 2012, que ten como fin conseguir que o río Sar e as súas ribeiras dispoñan dunhas condicións ambientais óptimas.

2 de outubro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.