O Concello da Guarda homenaxea a judoca Tecla Cadilla por acadar un novo éxito europeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+
Recepción á deportista guardesa

Recepción á deportista guardesa

O Concello da Guarda quixo homenaxear a judoca Guardesa, Tecla Cadilla, polo seu último éxito. A xove deportista proclamouse Subcampiona de Europa de judo na categoría júnior no campionato que se disputou na cidade de Oberwart, en Austria.

Este último logro vén a supoñer a confirmación da súa excelente traxectoria deportiva.

Na recepción, que tivo lugar no Concello, estiveron presentas a propia Tecla Cadilla e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ademais dos Concelleiros Xavier Crespo, Elena Baz, Montserrat Magallanes e Miguel Español, a súa adestradora, Mónica Pacheco e José Fandiño, fundador e adestrador do clube Do-Majó.

Tras unha distendida charla entre os presentes no que tanto o alcalde guardés e os Concelleiros felicitaron a Tecla Cadilla polo seu último logro e por todos os anteriores, Antonio Lomba fíxolle entrega dun agasallo e dun ramo de flores.

Neste encontro tamén falouse do regulamento de bolsas para as axudas a deportistas profesionais da Guarda, que irá o próximo pleno.

O Concello da Guarda espera que a traxectoria desta deportista continúe no seu máximo nivel e que pronto poidan celebrar máis títulos.

6 de outubro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.