publicidade hoxe

O Concello da Guarda convida aos centros educativos a celebrar o Día Universal dos Dereitos na Infancia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Co lema “Os nenos e nenas tamén temos dereitos” o Concello da Guarda convida a todos os centros escolares do municipio a conmemorar o “Día Universal dos Dereitos na Infancia”, que se celebra o venres 20 de novembro.

Nesta campaña de sensibilización o Concello busca que os máis cativos se impliquen e que sexan eles os que reivindiquen os seus dereitos. Así, a proposta da Concellería de Educación é que en cada un dos centros educativos da Guarda os alumnos e as alumnas de dous cursos diferentes creen un mural referente ao tema.

Todas estas creacións serán expostas o propio Día Universal dos Dereitos na Infancia en diferentes espazos da localidade. 

A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.

29 de outubro de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.