O Concello da Coruña saúda a decisión da Xunta de convocar unha reunión pola intermodal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Goberno municipal congratúlase pola decisión da Xunta de convocalo a unha reunión para tratar de impulsar e coordinar o proxecto de construción da necesaria estación intermodal. Non obstante, os concelleiros dos departamentos de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío ambas áreas traballan de forma conxunta neste temasinalaron á Administración autonómica que “é necesario que faga os deberes e que o seu compromiso se vexa reflectido na partida que destinará nos orzamentos á construción desta infraestrutura da que se beneficiarán non só os coruñeses e coruñesas, senón toda a veciñanza da comarca, de xeito directo”.

O concelleiro de Rexeneración Urbana lembrou que o Concello da Coruña “está a traballar neste proxecto desde hai tempo” e convidou á Xunta “a facer o mesmo”. “O persoal técnico do Concello xa está traballando no desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal e no estudo da accesibilidade á intermodal”, sinalou Varela, que apuntou que “o interese que parece amosar agora a Xunta con este proxecto non se corresponde coa cantidade proposta nos orzamentos autonómicos do ano que vén, que é claramente insuficiente”. A este respecto, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz, destacou que o Goberno local “destinará partidas específicas” nos orzamentos municipais do ano 2016 ao impulso da obra da intermodal, e que s ometerá a consideración do vindeiro Pleno unha proposta de emenda aos presupostos da Xunta por considerar que cantidade reservada para a execución das obras da futura estación “quédanse moi curtas”.

30 de outubro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.