O Colexio de Psicoloxía aborda a atención psicolóxica ás persoas maiores no rural e en residencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza este sábado 10 de outubro ás 10.30 horas unha charla coloquio sobre a atención psicolóxica ás persoas maiores en Galicia, por iniciativa da Sección de Psicoloxía da Intervención Social. Esta actividade que acolle a sede colexial en Santiago de Compostela centrarase en abordar dous contextos: o rural e as residencias.

A psicóloga do concello de Vimianzo, María José Pose Pérez, será a responsable de expoñer casos de boas prácticas no relativo á atención psicolóxica no rural a persoas maiores. A psicóloga do Complexo Xerontolóxico Padre Rubinos da Coruña, María Elena Seoane de la Fuente, abordará este eido no caso das residencias máis innovadoras.

Trátase dunha charla aberta a todos os colexiados e colexiadas coa que se pretende afondar na importancia e nas particularidades da atención psicolóxica das nosas persoas maiores. Un colectivo que en Galicia ten especial importancia, dado que na nosa Comunidade o 23% da poboación supera os 65 anos, fronte ao 18% da media do conxunto do Estado. 

9 de outubro de 2015 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.