publicidade hoxe

O CIM do Carballiño inicia os cursos dirixidos as mulleres para ampliar a súa formación na búsqueda de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Centro de Información ás Mulleres do Concello do Carballiño inciou, en colaboración coa ASOCIACIÓN POLA IGUALDADE E A COEDUCACIÓN O PROGRAMA EU, NÓS E O EMPREGO composto por tres obradoiros: 

1. Búsqueda activa de emprego

2. Preparación do curriculum  vitae.

3. Técnicas asertivas

A concelleira Marina Ortega sinala que o programa está orientado a promover cambios nos paradigmas laborais e profesionais. Segundo  a mesma, “partimos da persoa e as súas potencialidades e aproveitamos a forza do grupo para optimizar a procura de emprego”.

As participantes traballarán en descubrir o seu potencial e o seu talento, en mellorar as súas habilidades e en ser máis proactivas e eficientes para mellorar a súa empregabilidade.

En total son 20 mulleres as inscritas neste obradoiro, que desenrolarse ata o mes de decembro na aula CEMIT do concello do Carballiño , ubicada no segundo andar da Casa Consistorial.

19 de outubro de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.