O Centro de Matosinhos acolle un curso de prevención de riscos na construción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía en colaboración coa Fundación Laboral da Construción desenvolverá no Centro de Formación Permanente Matosinhos un curso de “Prevención de riscos laborais de nivel básico do sector da construción”. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a persoas desempregadas da construción e sectores afíns que desexen obter a Tarxeta profesional da Construción.

O curso impartirase do 23 ao 30 de outubro baixo a modalidade mixta, é dicir, combinando sesións presenciais e a distancia. As presenciais celebrarase os días 23, 24, 29 e 30 en horario de 9 a 14 horas. A actividade formativa conta de 60 horas lectivas e hai 25 prazas dispoñibles.

Os interesados poden inscribirse xa nas dependencias do Centro de Matosinhos en horario de 9 a 14 horas, para o cal deberán presentar a solicitude cumprimentada e achegar fotocopia do DNI e da tarxeta da Seguridade Social. O prazo de inscrición remata o 20 de outubro.

A selección das persoas participantes será realizada pola Fundación Laboral da Construción.

13 de outubro de 2015 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.