publicidade hoxe

O Centro de Día Terapéutico de AFAL recibe a visita do alcalde de Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeume
A-
A+
Visita do alcalde de Pontedeume

Visita do alcalde de Pontedeume

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, acompañado da concelleira de Benestar Social, Raquel Caruncho, visitou o Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra. Ambos quixeron así participar nas xornadas de portas abertas das instalacións que AFAL iniciaba a primeiros do mes de setembro. Alcalde e concelleira eran recibidos polo presidente da asociación, José Manuel Maceiras, quen destacou a colaboración prestada polo Concello, moi recentemente para a instalación de mesas informativas nas rúas do municipio.

Xunto á directiva, percorreron as diferentes estancias do centro e detivéronse nas terapias nas que participan os usuarios. Dous deles, Solita e Juan, entregáronlles aos representantes municipais uns platiños feitos por eles mesmos nos talleres ocupacionais e de manualidades. Así mesmo, Fernández e Caruncho participaron tamén na campaña de concienciación que promove FAGAL nas redes sociais coa colaboración de asociacións como AFAL. E, para iso, fotografáronse cunha peza que simboliza a importancia de cada persoa no puzle que representa o Alzheimer.

Por último, o rexidor quixo destacar a importante labor que leva a cabo AFAL Ferrolterra a favor das persoas afectadas de Alzheimer e das súas familias, un pilar fundamental para afrontar esta doenza.

5 de outubro de 2015 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.