publicidade hoxe

O Carballiño amplía o pago en periodo voluntario de tasas e impostos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, a traveso da súa área de Facenda, comincou a decisión de ampliar o plazo de pago de varios impostos, co fin de subsanar os erros provocados polo  anterior cambio de datas efectuado polo goberno salinte, e que provocou varios inconvintes os veciños e veciñas da vila. O actual grupo de goberno decidiu ampliar o proceso recaudatorio percisamente para evitar que se repitan eses problemas.

En concreto os tributos que amplian o seu periodo de pago son o imposto sobre bens inmobles de natureza rústica. Urbana e de caracteristicas especiais, exercicio do 2015; o imposto sobre actividades económicas do exercicio 2015, e o segundo semestre do exercicio de 2015 da tasa pola recollida de lilxo.

O prazo para o pagamento destes impostos ampliase ata o vindeiro 20 de novembro do presente ano 2015, dando así o máximo plazo posible para este fin.

Así mesmo dende a área municipal de Facenda se informa que se iniciaron dous procesos de devolución de ingresos indebidos polo IBI urbano do exercicio de 2015. Aqueles contribuintes que solicitaran por escrito a devolución da diferencia entre o recibo pagado (correspondente ó incorrecto co tipo de gravamen do 0,66%) e o recibo ben tarifado do IBI Urbana pendente de pagamento. É dicir, conpensarase e devolveso a diferencia, polo tanto dase por pagado o recibo correcto.

Por outra banda, o proceso iniciado de oficio para aqueles contribuintes que non realizaron a solicitude de devolución de ingresos indebidos, unha vez se realice a compensación e a proposta de devolución da diferencia ingresada de máis, serán notificados para no prazo de 15 días poidan alegar o que consideren pertinente. EN caso de  non prfesentar alegación se procederá á devolución pola diferencia.

O actual grupo de goberno pretende deste xeito ofrecer o mellor servizo os contribuintes, e subsanar na medida do posible os erros cometidos con anterioridade e que, pese a non ser eles os causantres, si son os encargados de solventalos en beneficio dos veciños e veciñas do Carballiño.

Para calquer dúbida os interesados podem pasar polas oficiñas de recadación municipal, ubicadas na rúa Faustino Santalices.

16 de outubro de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.