publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Carballiño acollerá a XXV Final da liga de bandas de gaitas de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaO Carballiño
A-
A+
O presidente da federación, o edil de cultura e o vocal da federación

O presidente da federación, o edil de cultura e o vocal da federación

O domingo 25 de octubro daranse cita no carballiño máis de 1.000 gaiteiros, que participarán na XXV edición da final da liga de bandas de gaitas de Galicia. O Acto comenzará as 10:00 horas ca chegada das formacións musicais a praza da Veracruz, en total 20 bandas de gaitas de toda Galicia e Cataluña. As 10:30 comenzará a fase final desta liga galega de bandas de gaitas, que está dividida en tres categorías, según o nivel de cada agrupación.

Na presentación desta final o edil de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, agradecía os organizadores o feito de escoller a vila caballiñesa como sede para esta final “no concello, en concreto na nosa área de Cultura, estamos traballando para ofrecer os veciños una ampla e completa programación cultura, por elo é de rigor agradecer que este tipo de actividades pensen no Carballiño para desenrolarlas, xa que sempre estaremos dispostos a facer os esforzos necesarios para acollelos”.

Pola súa bando o presidente da Federación de Bandas de Gaitas de Galicia, Hipolito Cabezas organizadores desta liga, sinalaba que, dende que eles colleron a dirección deste colectivo, remodelaron a dinámica da liga, facendo solo dúas fases, e non tres como antes, sendo unha delas nun esceario pechado “na que a banda de gaitas pode estar acompañadio doutros instrumnentos, o que permite ofrecer un repertorio distinto o das actuacións na rúa, e ofrece un mallor mercado para a contratación destas formacións”.

Ca celebración da segunda fase da liga no carballiño, este vindeiro domingo, se recupera a provincia de Ourense como sede da mesma, xa que dende hai cinco anos esta final no se celebraba nesta provincia. Sobre as formacións participantes Hipolito Cabezas destacaba “as bandas de primeira división como son as de Mos, Cartelle, Xinzo, Manzaneda ou Esgos, sen esquecer a banda Xuntanzas, que chega dende Cataluña e é dun gran nivel”. 

Entre as ovidades desta XXV edición o presidente da Federación destacaba a entrega da medalla de prata a Deputación de Ourense “polo gran apoio que nos brindou dende o inicio desta actividade musical, e que agardamos siga facendo”.

Tralas actuacións, sobre as 14:00 horas, terá lugar a clausura desta edición, na que interbirán as autoridades e presidente da Federación, se fará entrega da citada medalla de prata, así como a entrega dos trofeso os gañadores deste ano.

20 de outubro de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.