publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Carballiño acolle os XX Xogos Autonómicos de Fútbol Sala para persoas discapacitadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Carballiño
A-
A+
Presentación dos xogos

Presentación dos xogos

Os edis de benestar Social e Deportes, xunto com alcalde do Carballiño, presentaron hoxe a programación dos XX Xogos autonómicos de futbol sala para persoas discapacitadas, que organiza Aspadisi, Fademga e Special Olympics, durante esta fin de semana no Carballiño.

Preto de 264 deportistas com discapacidade intelectual participarán en ditos xogos, que levan o nome de Trofeo Carlos Outeriño, en representación de 20 asociacións de toda Galicia, en concreto das catro provincias galegas.

A xornada deportiva comenzará o sábado 17 de octubro as 10:45 no pavillón Paco Chao do Carballiño, onde todolos participantes desfilarán baixo o lema dos atletas de Special Olympics “quero gañar, máis se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. A continuación comenzarán os partidos que se desputarán durante a xornada nos pavillóns dos institutos do Carballiño, o Chamoso Lamas e Número Un, ata as 19:00 horas, momento no que se celebrará a clausura. 

Seguindo ca liña iniciada no ano 2008, a competición deportiva será unha homenaxe a Carlos Outeriño, quen foi membro da xunta directiva de Special Olympics Galicia e gran activista do movemento asociativo en xeral.

Os xogos contarán com tres tipos de niveis. O nivel 1, no que os xogadores teñen un bo coñecemento das regras do xogo, así como da súa aplicación por parte dos arbitros. Nivel 2 onde os xogadores teñen coñecemento das regras, contan com sentido de xogo en equipo e a súa técnica individual é media ou aceptable. E Nivel 3 no que os xogadores coñecen lixeramente ou non coñecen as regras así como a súa apliación por parte dos árbitros.

Ademáis tamén haberá probas de destreza individual, probas adaptadas de tiro dináimco e conducción e probas de tiro estático, pase e conducción.

15 de outubro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.