O BNG advirte que houbo responsabilidades políticas no accidente de Angrois que aínda están pendentes de depura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A deputada do BNG Rosana Pérez advertiu de que “aínda están pendentes de depurar as responsabilidades políticas, que as houbo”, no sinistro de tren do Alvia. Así se pronunciou tras coñecerse o auto de peche de instrución do xuíz Andrés Lago sobre o accidente no que mantén como único imputado ao condutor.

“Estas son as responsabilidades penais, pero ¿e as responsabilidades políticas?”, preguntouse a parlamentaria nacionalista, quen apuntou que, unha vez que se coñeceu a cadea de feitos que levaron a que se producise un dos “peores sinistros ferroviarios sucedidos no Estado español”, o Bloque “sempre defendeu a necesidade dunha comisión de investigación no Congreso para depurar as responsabilidades políticas”.

Pero, recordou Rosana Pérez, tanto o PP, como o PSOE negáronse sempre”. “O cal debe levar á reflexión”, indicou, antes de remarcar que “sen tan seguros estaban da falta de responsabilidades políticas, por que negarse tan insistentemente ás diversas solicitudes de creación de comisión de investigación formuladas polo BNG”.

Ademais, a parlamentaria nacionalista considera “un despropósito e unha inxustiza” trasladar “toda a culpabilidade do accidente ao maquinista que conducía un Alvia sen ERTMS nunha curva perigosa na que, en poucos metros, había que pasar dunha elevada velocidade a frear 80”.

7 de outubro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.