O barrio de Conxo celebra o Samaín coa Festa das Cabazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O barrio de Conxo celebrará este sábado, 31 de outubro, outra nova edición da Festa das Cabazas, organizada pola Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo. O Concello de Santiago colabora un ano máis con esta iniciativa.

postos de artesanía. E a esa mesma hora, no Centro Sociocultural, iniciarase o pase para nenos e nenas a partir de 5 anos do Túnel do Terror. Ás 19:15 será a vez dos rapaces e rapazas de 8 a 14 anos e, ás 20:15 horas, dos adultos.

Outra das actividades, ás 19:00 horas, será un taller de grinalda de cabazas. Media hora despois comezarán o magosto e a chocolatada na praza. A sesión será amenizada dende as 20:00 horas pola Cé Orquestra Pantasma.

Concurso de cabazas
Non faltará tampouco nesta edición o Concurso de Cabazas Terroríficas, con premios á cabaza máis orixinal e á máis terrorífica. As cabazas entregaranse no CSC Aurelio Aguirre dende o xoves 29 ata o propio sábado ás 14:00 horas. Os premios entregaranse no transcurso da Festa, sobre ás 20:00 horas.

27 de outubro de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.