publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá un concerto de violín para recadar fondos para a Asociación Galicia AME

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo 25 de outubro un concerto benéfico de violín destinado a recadar fondos para a Asociación Galicia AME (Asociación Contra a Atrofia Muscular Espinal)

O concerto, organizado pola Asociación Demos da Petaca de Ribadumia, ten por obxectivo recadar fondos para a investigación do AME, enfermidade que produce unha perda progresiva na forza muscular. Os fondos irán destinados á Asociación GaliciaAME, a primeira asociación que naceu para investigar esta enfermidade.

O concerto correrá a cargo de Antonio Seijo, recoñecido violinista natural de Avilés coñecido polo súa longa traxectoria musical e docente en toda Galicia.

Os interesados en acudir ó concerto  aínda están a tempo de comprar a súa entrada o propio día da actuación no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas.

23 de outubro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.