publicidade hoxe

O alumnado do CEIP Calvo Sotelo goza dunha xornada de teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Xornada teatral

Xornada teatral

O grupo de teatro Sarabela actuou este mércores para  alumnado de infantil e primaria do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, para os que representaron a montaxe “O ultimo dragón”. Esta representación ofrecida pola Área de Educación do Concello do Carballiño, está enmarcada dentro dos circuitos da Deputación provincial de Ourense.

Nestes circuitos da deputación ofrécense representacións para os colexios de toda a provincia, e Sarabela escolleu, entre outras, a vila do Carballiño pola complicidade deste grupo teatral co Carballiño, na que ten realizado numersas representacións e incluso varias estreas.

En total foron 316 alumnos os que asistiron a esta representación no auditorio da vila. O concelleiro de educación Diego Fernández aseguraba que “a nosa preocupación é ofrecer a maior oferta cultural a veciñanza do Carballiño”.

21 de outubro de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.