publicidade hoxe

O alcalde do Carballiño reúnese cos veciños da rúa Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega manterá este xoves, as 20:30 horas, unha reunión cos veciños da rúa Galicia, na que, ademàis de escoitar as queixas dos citados veciños, exporá as accións que dende o concello se porán en marcha para evitar que se repitan situacions como as dos úmtimos anos, nos que estos veciños e veciñas tiveron que soportar as deficiencias da rede de suministro de auga, que provoca ademáis afundimentos e socavons na calzada e as beirarrúas.

Dende concello estivose a falar ca empresa  repsosable do suministro de auga, para solventar esta problemática. O resultado destas conversas será traladado os veciños na reunión deste xoves, que terá lugar no salón de plenos.

Os alcalde aseguraba que “en todo momento recollimos as queixas deste veciños, queixas que entedemos son fundadas xa que comprobamos insitu estas averías, e dende un principio buscamos as vías de solventarlas, tal e como o comentaremos cos veciños na reunión do xoves”. Para poder coñecer todalas circustancias desta problemática, e poñer as mellores sulicións os responsables municipais solicitan os veciños que acudan a cita deste xoves no salón de plenos.

21 de outubro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.