publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas asiste ao inicio do cursos de primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do alcalde aos participantes no curso

Visita do alcalde aos participantes no curso

O alcalde do Concello de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asistiu ao inicio do curso de primeiros auxilios para persoas relacionadas co sector do transporte que se realiza no salón de actos do centro cultural, subvencionado pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Transporte de Mercadorías, e impartido pola empresa Forsega.

A organización destes curso enmárcase dentro da vontade do Concello de Ponte Caldelas de impulsar todo tipo de iniciativas formativas que contribúan a capacitar laboral e socialmente a todas aqueles veciños do municipio que o desexen facilitando así tamén o seu ingreso no mercado laboral. 

Os asistentes a este curso coñecerán diferentes técnicas e recomendacións á hora de atoparse nunha situación de sinistro na estrada polo que a aprendizaxe é de especial interese para as persoas que están relacionadas co mundo do transporte por estrada.

Segundo indicou o alcalde do Concello de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, a intención é seguir realizando cursos de formación relaciondos con este sector moi amplio “xa que a aprendizaxe que se adquire con este tipo de ensinanzas pode ser moi útil para persoas que están en activo ou que pretenden incorporarse ao mundo laboral en empregos relacionados co transporte de viaxeiros, autobuses, taxis, mercadorías, transporte sanitario, etc. Nós o que podemos facer é axudarlles na súa capacitación para que teñan maior número de oportunidades para poder acceder ao mercado laboral nas mellores condicións posibles”, indicou Andrés Díaz.

23 de outubro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.