publicidade hoxe

O alcalde da Guarda e o concelleiro de Medio Ambiente revisan as obras do Codesal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Antonio Lomba na visita ás obras

Antonio Lomba na visita ás obras

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez, revisaron na mañá de hoxe os traballos que se están levando a cabo na zona do Codesal. Estas obras, forman parte do proxecto “Recuperación da escollera da pista entre a Armona e O Codesal”. Esta primeira fase é unha actuación que busca a rehabilitación medioambiental do campo do Codesal.

Nesta visita tamén estiveron responsables de Costas, entre o que se atopaba o técnico Antonio Iglesias.

Neste encontro tanto o alcalde coma o Concelleiro puideron ver in situ os traballos que xa se están levando a cabo, por exemplo, para a ampliación da senda para o paso dos peóns.

Outros proxectos 

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, aproveitou esta visita para falar cos responsables de Costas sobre o proxecto de “Acondicionamento da área da Lamiña-Armona”.

Neste punto o rexedor guardés volveu a reafirmar a súa proposta de ampliar o areal, crear unha zona de esparcemento e un novo aparcamento na zona da fábrica de Rego. 

Antonio Iglesias, atendeu ó alcalde da Guarda e explicou que Costas podería realizar este proxecto por fases.

Así, a primeira das actuacións,  sería unha recuperación medioambiental da praia que consistiría nunha retirada de escombros e o recheo coa area dragada do río.

28 de outubro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.