O alcalde compostelán reúnese co presidente de RedEmprendia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe o presidente de RedEmprendia, Senén Barro, e a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño. Foi un encontro no que se falou do evento SPIN 2016, unha cita sobre o emprendemento universitario no ámbito iberoamericano.

RedEmprendia é unha rede de Universidades que promove a innovación e o emprendemento responsables, dende o compromiso co crecemento económico, o respecto ao medio ambiente e a mellora da calidade de vida. Dela forman parte universidades de España, Portugal, Brasil, Arxentina, Chile, Colombia, México e Perú.

27 de outubro de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.