Nunca tanto competiron os atletas da Sociedade Ximnástica como a tempada que termina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O atletismo é un deporte complexo, con diferentes disciplinas. Cada vez que un atleta compite, suma ao seu curriculum deportivo unha actuación (unha carreira de 100 metros, unha carreira popular, un concurso de salto de altura, etc.). As elaboracións dos rankings de marcas atléticas axudan a sumar todas estas actuacións, o que sen dúbida indica a cantidade de atletismo que se fai cada tempada, vendo máis aló do número de competicións dos calendarios atléticos.

O vindeiro sábado, péchase de maneira oficial a tempada 2014/2015 e nos 3 días que faltan xa non hai competicións nas que poidan participar os atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, co que é hora de facer números e concluír que o curso 14/15 é o máis prolífico da veterana Sociedade, xa que as súas 401 atletas sumaron 3.570 actuacións durante o período de 12 meses regulamentario, moi por encima do record absoluto do curso anterior, cando foron 2.759 actuacións.

Estas cifras contabilízanse dun total de 274 competicións ás que acudiron os atletas pontevedreses e que se enmarcan nos diferentes calendarios federativos. Poderíase dicir que cada atleta realizou de media 13 actuacións.

Os números convidan o optimismo, ademais do record de actuacións, a distancia entre os homes e as mulleres acúrtase, si fai 6 anos, por cada 4 actuacións, 1 correspondía a unha muller, agora case hai paridade, 57% de homes, fronte a 43% de mulleres e prometen seguir achegándose. Aínda que estes datos teñen o seu equivalencia no número de atletas de cada sexo.

28 de outubro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.