publicidade hoxe

Novos obradoiros da área de Benestar Social do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A área de Benestar Social informa dos cambios no seu programa de formación e emprego que imparte dende o Centro de Información ás Mulleres do Concello do Carballiño organiza coa colaboración da ASOCIACIÓN POLA IGUALDADE E A COEDUCACIÓN O PROGRAMA EU, NÓS E O EMPREGO composto por tres obradoiros: 

1. Búsqueda activa de emprego

2. Preparación do curriculum  vitae.

3. Técnicas asertivas

Os obradoiros teñen unha duración de 3 horas cada un

O programa está orientado a promover cambios nos paradigmas laborais e profesionais. Partimos da persoa e as súas potencialidades e aproveitamos a forza do grupo para optimizar a procura de emprego.

As participantes traballarán en descubrir o seu potencial e o seu talento, en mellorar as súas habilidades e en ser máis proactivas e eficientes para mellorar a súa empregabilidade.

DIRIXIDOS: a mulleres e son gratuitos para as participantes

Por razóns  burocráticas alleas a nosa vontade, vémonos na obriga de replantear os tres obradoiros de emprego para mulleres.

DATAS: O 1º obradoiro comeza o 19 de outubro en horario de 10:30 ata 13:30 horas.

2º obradoiro: 3 de novembro de 10:30 ata 13:30 horas.                                    

3º obradoiro: 10 de novembro de 10: 30 ata 13:30 horas

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Aula de informática do concello.

INSCRIPCIÓN: Centro de Información ás  Mulleres. R/ Faustino Santalices, nº 10, baixo

Teléfono : 988531076

Queda aberto o plazo de inscripción.

7 de outubro de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.