Nova cita co teatro en Tui coa obra “Demolición”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este venres hai unha nova cita no Teatro Municipal de Tui ás 21,30h coa obra destinada para o público adulto “Demolición” de Talia Teatro. Demolición, está escrita e dirixida por Cándido Pazó, e trátase dunha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. “Comidrama”. Un termo que expresa esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente. A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.

As entradas están á venda en www.culturatui.info  ata este venres ás 13h ou dende as 20h ata as 21,30h do día do espectáculo no despacho de billetes ó prezo de 6€ e 4,5€ (prezo reducido).

7 de outubro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.