publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Normalidade nas gardas nocturnas no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Policía Local e a Garda Civil garantizan durante estes días a seguridade e vixilancia nas noites do Carballiño, pese a supresión durante uns días do servizo nocturno dos axentes locais.

 Ademáis das patrullas da Garda Civil, que foron reforzadas durante estes días para suplir a baixa dos Locais, o funcionamento do Reten está solventando os posibles incidentes e, a maiores, estanse a facer controis aleatorios durante estas datas. Precisamente na noite deste pasado mércores tivo lugar un deses controis, no que particioparon as dúas patrullas de Reten, sen rexistrase maiores incidencias.

Sobre a existencia destes retens o edil responsable da Seguridade, Adolfo Nogueira, lembraba que “estes servizos de reten non son unha novidade, nin se fan estes días  concretos, é un servizo que está activo permanentemente os 365 días do ano, e no que habitualmente participan o oficial maior da Policía Local e outro axente”.

Dende o concello reiterase a situación de normalidade que está a vivir O Carballiño, pese as baixas de axentes, xa que “nunca permitiríamos deixar os veciños e veciñas deste municipio en desamparo antes posibles incidentes”.

8 de outubro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.