Nava Castro clausura na Coruña o III Congreso de Calidade Turística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Nava Castro na clausura do congreso

Nava Castro na clausura do congreso

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, clausurou esta mañá o III Congreso de Calidade Turística, un dos principais foros arredor da calidade e a excelencia no sector turístico, que tivo lugar no Palacio de Congresos de A Coruña (Palexco).

O encontro internacional reuniu durante dous días en Galicia a profesionais e expertos turísticos públicos e privados baixo o lema Elige Calidad, Evita Riesgos.

Na súa intervención, a directora de Turismo destacou que as múltiples posibilidades que ten o turista á hora de elixir un destino fan que a calidade convértase nunha necesidade no sector turístico actual.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que apostar pola calidade implica diferenciación e valor engadido e sitúa ás empresas e destinos nunha posición de maior privilexio fronte aos nosos competidores.

“A calidade, así como as certificacións que a identifican, son elementos que contribúen á dinamización turística ao constituír un elemento determinante na toma de decisión para un importante e numeroso colectivo tanto de turistas nacionais como internacionais”, afirmou Nava Castro.

A directora de Turismo de Galicia recoñeceu e agradeceu a labor realizada polo Instituto de Calidade Turística de España e animou aos presentes a continuar na senda da constancia, do método e a organización para obter uns servizos de calidade que redunden nunha mellora do sector turístico.

A calidade, un selo de identidade

A directora de Turismo de Galicia sinalou que, grazas ao compromiso adquirido por todos os entes implicados, a colaboración público-privada e o esforzo desenvolvido por ambas as partes, os resultados obtidos en Galicia increméntanse cada ano.

Segundo afirmou Nava Castro, no 2004 Galicia contaba con 16 empresas certificadas e no pasado ano 2014 alcanzáronse as 268 empresas coa Q de Calidade Turística, outorgadas polo Instituto para la Calidade Turística Española.

A directora de Turismo de Galicia destacou ademais que a nosa comunidade é líder en número de distincións en empresas e servizos tan estratéxicos para Galicia como son os establecementos rurais, os hoteis e apartamentos turísticos, os balnearios, as instalacións náutico-deportivas, os campos de golf, as empresas de turismo activo, o turismo industrial e o lecer nocturno. “Deste xeito, Galicia é a Comunidade Autónoma con máis distintivos Q de Calidade de toda España tras Andalucía”, resaltou Nava Castro.

30 de outubro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.