publicidade hoxe

“Mos coa Butaca” proxecta o filme “El Niño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, trae novamente a Mos o ciclo de cine “Mos coa butaca”, con enorme éxito de afluencia nas anteriores edicións e que, nesta ocasión, proxectará o filme “El Niño”, enmarcado dentro do programa “Noites Vivas 2015”, o vindeiro sábado 31 de outubro ás 22.00 horas nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso.

Os beneficiarios directos deste programa son os mozos e mozas entre 16 e 35 anos do municipio de Mos.

Sinopse

A trama desenvólvese na fronteira sur de Europa, terra de contrabando, onde, desafiando á autoridade dos capos locais, tres rapaces de apenas 20 anos deciden montar negocio pola súa conta e introdúcense no mundo do narcotráfico case como un xogo. É moito diñeiro ó alcance de quen teña o valor de atravesar a distancia case inexistente entre España e África voando sobre as ondas nunha lancha cargada de hachís e coa policía pisándolle os talóns.

Jesús e Eva son dous axentes da Policía antidroga que levan anos tratando de demostrar que a ruta do hachís é unha das principais vías de penetración da cocaína en Europa. O seu obxectivo é “El Inglés”, o home que move os fíos dende Xibraltar, que é a base de operacións. A crecente violencia das advertencias que reciben lles indica que van por bo camiño. O destino destas personaxes, fóra e dentro da lei, terminan por cruzarse.

Próximos títulos

O ciclo de cine “Mos coa Butaca” continuará durante os vindeiros meses de novembro e decembro con dous novos títulos. O 28 de novembro proxectarase “La Gran Estafa Americana” e o 26 de decembro “Perdida”.

26 de outubro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.