Moncho Fernández será profesor na primeira Escola Galega de Árbitros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, asistiu ao acto de presentación de “ESGAR”, a nova Escola Galega de Árbitros. O técnico obradoirista formará parte como profesor deste curso, estendido até maio, xunto a outros profesionais de diferentes áreas do baloncesto. Os seus 21 alumnos, procedentes de toda Galicia, teñen idades entre os 15 e 21 anos, e unha experiencia básica no mundo arbitral obtida nos cursos de iniciación que se realizaron na tempada pasada.

Os obxectivos fundamentais da ESGAR son a formación continua e multidisciplinar do árbitro de baloncesto, promover a imaxe arbitral dentro do mundo do deporte en xeral e do baloncesto en particular e propor ferramentas de traballo a árbitros galegos mozos que lles permita alcanzar niveis superiores e cun currículo máis completo.

20 de outubro de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.