Metaldeza aposta pola formación colaborando nun proxecto da USC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Metaldeza está a colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela nun novo proxecto chamado“Mentoring USC, cuxo obxectivo é pór en contacto ao estudiantado de máster, graduados ou alumnado de último ano de grao con directivos e profesionais de empresas como Metaldeza, co fin de que estes últimos poidan orientalos e apoialos na procura de emprego e no desenvolvimiento da súa carreira profesional.

O novo programa permite ademais completar un círculo que se inicia nas aulas, onde a universidade prepara, forma promove habilidade e competencias e ás que este novo programa xunta agora a aplicación práctica de promover o contacto co mundo laboral.

O director de RRHH de Metaldeza, Florencio Núñez, compartirá coñecementos e experiencias e aconsellará ás persoas “mentorizadas”. A firma comprometeuse a asistir á sesión de presentación do proxecto e á sesión de clausura do programa, na que os participantes compartirán os seus resultados e experiencias. Ademais tamén manterán un mínimo de catro reunións coas persoas “mentorizadas” no seu lugar de traballo ou por medios telemáticos durante o próximos catro meses posteriores á presentación.

Poden solicitar a participación neste programa os estudantes de máster ou do último ano de grao e graduados que queiran contactar para que lles axude a alcanzar un mellor aproveitamento do seu potencial e facilitar o acceso a recursos profesionais apropiados. Na selección do estudante priorizarase aqueles alumnos con mellor expediente e moi especialmente os que estudan con bolsa. Cada alumno seleccionado asignaráselle a un “mentor” que teña un perfil académico ou profesional apropiado para que acompañe e lle guie durante catro meses.

Metaldeza coa formación

Isto é unha mostra máis de que Metalúrxica do Deza, S.A aposta pola formación, apoiando aos institutos, aos programas de integración laboral e universidades para que os novos estudantes teñan un contacto coa realidade do mundo empresarial e complementen así a súa formación académica.

Metaldeza é unha empresa de enxeñaría industrial de deseño, fabricación e montaxe de construcións metálicas. Conta cun equipo técnico altamente cualificado e os medios máis avanzados para alcanzar os mellores resultados.

28 de outubro de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.