Mesa informativa da AECC de Ourense
Mañá mércores, 21 de outubro, voluntarios/as da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, instalarán unha mesa informativa pola mañá de 10 a 13 horas na entrada do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e pola tarde, de 17 a 20 horas, na rúa do Paseo, á altura do número 6, para informar sobre Campaña do Cancro de Mama, xa que por mor da climatoloxía, non se puido celebrar o propio día 19 de outubro. Os propios voluntarios repartirán lazos rosas, símbolo desde día, e proporcionarán información da campaña.
Despois da tan boa acollida que tiveron estes dous últimos anos, as lentes de cor rosa tamén se poderán adquirir na propia mesa informativa, así como as bolsas co lema “estoy llena de apoyo”, en referencia ao apoio que amosa a sociedade coas persoas diagnosticadas de cancro de mama e as súas familias. As lentes rosas venderanse a 5 € e as bolsas a 3 €.











