publicidade hoxe

Melide recibirá a estrada AC-192 logo de que a Xunta acometese as obras de mellora do firme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a o cambio de titularidade a prol do Concello de Melide da totalidade da estrada AC-192 (O Mesón-Moldes) cunha lonxitude total de 2,460 quilómetros, logo de acometer o pasado verán as obras de mellora do firme. Así mesmo, tamén se transfire uns restos da estrada AC-840 (Betanzos-Agolada). En concreto, os tramos pendentes atópanse entre os puntos quilométricos 54+560 e 54+710 da marxe esquerda, cunha lonxitude de 0,154 quilómetros, e entre o 54+790 e 55+040 da marxe dereita, cunha lonxitude de 0,280 quilómetros.

Hai que destacar que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) realizou neste verán as actuacións de conservación solicitadas polo concello de Melide no firme e sinalización.

As obras realizadas recentemente na AC-192 pola Administración autonómica, permiten que hoxe se transfira a súa titularidade a esta entidade local nunhas axeitadas condicións para a súa xestión.

Os traballos realizados no vial requiriron dun investimento por parte da Xunta superior aos 50.000 euros e tiveron por obxecto a rehabilitación do firme en mais de 15.300 m2, estendendo un tratamento superficial en todo o ancho da plataforma, e a reposición das marcas viarias e colocación da sinalización vertical necesaria.

Núcleos rurais

Estes tramos atópanse en solos de núcleo rural e rústico e teñen unha funcionalidade local. Co cambio de titularidade, o Concello do Melide poderá actuar sobre estas vías, que pasan a ser de titularidade municipal, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, e reducirá as cargas administrativas sobre os cidadáns dos núcleos polos que discorre.

Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas exerce as súas competencias de tramitación e dálle o visto e prace á solicitude de transferencia formulado polo municipio. A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013 de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, así como de elementos funcionais e espazos da zona de dominio público adxacente, como é o caso destas parcelas, deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en estradas.

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Melide deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade.

A entrega deberá formalizarase no prazo dos dous meses a partir de mañá, día 16 de outubro, tras a publicación deste decreto no DOG, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello da Melide, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

15 de outubro de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.