Medio Rural e Concello de Ourense colaborarán na mellora de 100 quilómetros de camiños rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu esta mañá na Alcaldía á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, xunto á delegada territorial da xunta, Marisol Díaz, na primeira visita institucional ao Concello da titular da Consellería de Medio Rural.

Nesta reunión acordáronse tres grandes puntos de colaboración entre ambas administracións: a recuperación de máis de 100 quilómetros de camiños rurais, o reforzo nos traballos de prevención contra incendios durante o verán e a posta en valor do Parque Botánico de Montealegre, para convertelo nun espazo de disfrute para todos, con melloras na accesibilidade, reforestación e limpeza

Ourense, concello urbano (90% da poboación vive en zona urbana e o 10% no perímetro rural).

Pivotar a colaboración.

Proxecto previsto desenvolver, querer recuperar 100 quilómetros de camiños rurais, en colaboración co resto de administracións, incluso con proxectos da Unión Europea.

Recuperar os camiños tradicionais e aqueles que dan acceso a fincas, así como para o sendeirismo e uso de bicicleta, un xeito de poñer a disposición dunha mellora na calidade de vida. Cidade máis sostible, cómoda, dotada de vida e servizos.

O segundo tema estivo relacionado cos incendios, co fin de previr activamente a situación do verán. Debemos traballar entre todos. No concello estamos preparando unha nova ordenanza neste sentido, co fin de acadar un Ourenser máis seguro. Tamén se referiu ao PEMU. Reforzar a colaboración e imprescindible

23 de outubro de 2015 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.